Sunday 12 de May de 2024

Benvida de Susana García ao alumnado do Celga II impartido polo SNL da Mancomunidade de Ordes


A concelleira de Educación do Concello de Ordes, Susana García, deulles esta mañá a benvida aos alumnos e alumnas que dende hoxe, e ata finais do mes de maio, formarán parte do curso de lingua galega Celga II. Susana García destacou a importancia “de acadar esta titulación de cara a futuros procesos selectivos na administración pública xa que en moitos casos é un dos requisitos indispensables”. As clases terán lugar en horario de mañá os luns e xoves e serán impartidas pola técnica do Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Ordes.